29 de janeiro de 2013

0 Manualidades e recursos para o día da Candeloria

O vindeiro sábado 2 de febreiro é o día da Candeloria que na Galiza é a festa do amor.
Segundo a crenza popular neste día "casan os paxaros nas árbores", a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa, reza o dito e aínda que rematan as xaneiras, comeza a tempada de apareamento no reino animal con vistas á cría na primavera; é pois un culto á fertilidade e aos ciclos da natureza como xa aconteceu antes co Samaín.

O día da Candeloria é unha data clave para predicir o tempo que fará o resto do inverno como podedes ver nos nosos refráns. Noutros lugares celebran o día da marmota, que tamem lhes serve para predecir o tempo.
  • Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fora
  • Pola Candeloria a metade do inverno vai fóra, se chora ou venta, aínda entra
  • Se a Candeloria chora, o inverno vai fora. Se ri, o inverno quere vir
  • Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.



Sem comentários:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...