Estou moi contenta de voltar ao "meu colinho", votábao moito de menos mas os últimos dous anos forom moi duros, e por umha banda faltábanme as fozas para voltar e pola outra tinha tanto trabalho por facer tanto na minha tendinha como no trabalho como "activista" en HS, que non me daban as horas.
Eis que veu María a botarme umha mam, umha mam ENORME que me foi carregando as pilhas aos poucos, ela nom sabe cantísimo supuxo a súa axuda constante para mim. Moitas, moítisimas grazas María!!
E outra das culpáveis é a minha irmá postiza Silvia, que me estivo aturando e axudando a atopar outra vez as cores do colinho, ela foi o empurroncinho final. Un milhón de grazas Silvia, sen ti non o tinha conquerido.
NOTA:
Aínda que há entradas dende setembro (venhem importadas dum blogue-diario de uso máis bem privado), o blogue ábrese "ao público" hoxe 20 de xaneiro.