Por mor dumha colección de cromos de animais que ten unha parte adicada às criaturas mitolóxicas ordenadas segundo a qué continente pertencen, este ano xurdiu un grande interese polo seres mitolóxicos e así xogando e como quen non quere a cousa, están a aprender unha barbaridade.
Aínda que moita información veu desta colección de cromos, tamén temos lido por outras partes para ir ampliando a información, pero é compricado atopar libros de seres mitolóxicos para nenos, hai moitos de mitoloxía en xeral mais que estean centrados nos seres mitolóxicos é máis compricado. Hai días atoparon un nunha tenda de segunda man que aínda que é para ensinar a debuxar criaturas fantásticas tamén fala un pouquinho dos seres e é mirado e remirado.
Fixemos o Mini Libro: Seres mitológicos de Actiludis, unha páxina que vos recomendo e que está entre as minhas de referencia para obter recursos en castelán ou galego (en galego pouquinho).
Tamén fixemos umha ficha sobre as quimeras que podedes baixar de Actiludis e que é de elaboración propria :)

E para Halloween/Samaín fixemos un disfraz de quimera que facendo honra às características proprias das quimeras, tinha unha mistura de varios animais: pernas de leopardo, corpo de esquío voador e cabeza de dragón.
Outras das cousas que usamos para falar e aprender sobre os seres mitolóxicos, foron os "crafts" sinxelos de Learn, Create, Love onde podedes descargar ou imprimir moitos seres mitolóxicos para fazer: un unicornio, un dragón, BigFoot, a criatura do Lago Ness, sereas,... O último foi un grifo, que deu lugar para falar tamén desta criatura mitolóxica.
Se se vos ocurren máis recursos, facede o favor de deixarmos nos comentarios ♥

---------------------------------------------------------------------------