1 de novembro de 2012

Xogando coa xeometría

A principios do outono fixen os dous primeiros cursos de Aprendiendo matemáticas, recoméndovolos sen duvidalo!! O primeiro fíxeno presencial e estivo xenial pórlhe cara a Malena, o segundo fíxeno on-line e estivo tamén xenial, con moito máis tempo para asimilar os conceitos, interactuar com os outros participantes,... en resumo uns cursos moi bos tanto se ensinas formalmente como si non, de feito no curso había un montón de mestres e outra xente que só quería aprender mates doutro xeito para ensinarlle aos filhos.

Entre as propostas había esta recomendación para trabalhar a composición e descomposición de figuras planas e eu fíxen este imprimível. Outro xeito de xogar coa xeometría :)

Avísovos que aínda que pareza sinxelo, ten o seu aquel :D
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...